Skip to:
Content
Pages
Categories
Search
Top
Bottom

BuddyPress 1.2.9 en galego

Published on July 5th, 2011 by pcgaldo

A versión 1.2.9 de BuddyPress é necesaria no caso de querer usar o plugin nunha instalación de WordPress 3.2.

Os ficheiros de tradución para o galego actualízanse no repositorio de traducións. Neste enderezo podes atopar as traducións para a versión 1.2.9 do BuddyPress:

https://i18n.svn.buddypress.org/gl_ES/tags/1.2.9/

O BuddyPress está dispoñible para descargar aquí.

Non esquezas avisar ao grupo de tradución no caso de atopar erros.

BuddyPress Album+ 0.1.8.9 en galego

Published on March 17th, 2011 by pcgaldo

Poden descargar os ficheiros de localización para este complemento de BuddyPress desde aquí.

O plugin pode ser descargado desde a súa páxina. O contido do ficheiro descargado debe ser descomprimido no cartafol de idiomas do plugin:

/wp-content/plugins/bp-album/includes/languages

Este plugin engade capacidades de álbum de imaxes ao BuddyPress. A versión beta actual tamén soporta ficheiros de audio, vídeos incorporados de YouTube, Revver, Vimeo, e decenas de sitios máis, así como imaxes incorporadas de Flickr, Imgur, e moitos outros.

A última versión beta pódese conseguir na páxina de Google Code do proxecto.

Group Documents 0.3.5 en galego

Published on March 17th, 2011 by pcgaldo

Poden descargar os ficheiros de localización para este complemento de BuddyPress desde aquí.

O plugin pode ser descargado desde a súa páxina. O contido do ficheiro descargado debe ser descomprimido no cartafol de idiomas do plugin:

/wp-content/plugins/buddypress-group-documents/languages

Group Documents crea unha páxina dentro de cada grupo de BuddyPress para cargar calquera tipo de ficheiro ou documento. Os documentos poden ser editados e borrados ou polo propietario do documento ou polo administrador do grupo. Os documentos poden ser organizados en categorías. A actividade quedará rexistrada no fluxo de actividade principal, e tamén está vinculada á actividade do usuario e do grupo. O administrador do sitio pode definir filtros para as extensións dos ficheiros e opcións de visualización. Os membros do grupo e os moderadores poden recibir notificacións por correo electrónico á súa elección. Dispón tamén de widgets de “Transferencias recentes” e “Transferencias populares”, que poden ser utilizados para amosar a actividade na barra lateral.

BuddyPress 1.2.8 en galego

Published on March 10th, 2011 by pcgaldo

Os ficheiros de tradución para o galego actualízanse no repositorio de traducións. Neste enderezo podes atopar as traducións para a versión 1.2.8 do BuddyPress:

https://i18n.svn.buddypress.org/gl_ES/tags/1.2.8/

O BuddyPress está dispoñible para descargar aquí.

Non esquezas avisar ao grupo de tradución no caso de atopar erros.

Skip to toolbar