Poden descargar os ficheiros de localización para este complemento de BuddyPress desde aquí.
O plugin pode ser descargado desde a súa páxina. O contido do ficheiro descargado debe ser descomprimido no cartafol de idiomas do plugin:
/wp-content/plugins/bp-album/includes/languages
Este plugin engade capacidades de álbum de imaxes ao BuddyPress. A versión beta actual tamén soporta ficheiros de audio, vídeos incorporados de YouTube, Revver, Vimeo, e decenas de sitios máis, así como imaxes incorporadas de Flickr, Imgur, e moitos outros.
A última versión beta pódese conseguir na páxina de Google Code do proxecto.